Wednesday 15 de May de 2024

Cine nas parroquias de Miño


Mañá, venres 13 de agosto, continúa o programa de ‘Cine nas parroquias de Miño’ coa proxeción do film ‘La gallina turuleca’ na pista polideportiva do Apeadoiro (Perbes) ás 22 horas.

Esta iniciativa, que comezou o pasado venres 6 de agosto coa película ‘Pérez, o ratiño dos teus soños’ en Bemantes, está organizado polo Concello de Miño dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Ademais, dentro da oferta cultural municipal, o centro social A Rúa acollerá, a partir do martes 17 de agosto, a exposición do colectivo Egeria ‘Aquela nena de Sarria’, centrada na figura da homenaxeada no Día das Letras Galegas, Xela Arias.